O Grupo de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, en colaboración coa SEI, o proxecto europeo BIOCAPS e a Fundación Antonio Esteve celebran a Semana Mundial da Inmunización (24-30 de abril) e o Día da Inmunoloxía (29 de abril), organizando unha serie de actividades de difusión en colaboración cos centros educativos e coas bibliotecas galegas. Neste contexto facilítanos varios exemplares do libro "Los misterios del sistema inmunitario. Cómo protege nuestro cuerpo". Este libro nace co obxectivo de axudar ós rapaces novos de 10 a 14 anos a entender mellor o funcionamento do sistema inmunitario e xa está á vosa disposición na Biblioteca municipal.
Ven ler á túa biblioteca