Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 19, 2014

Novo servizo das bibliotecas públicas galegas: GaliciaLe

GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar. En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos. Folleto   Se queres máis información ven á Biblioteca.

Día da Biblioteca

O 24 de outubro celebra o Día da Biblioteca con nós.

Este mes...

Lecturas do IES de Ortigueira

Lembrade  que podedes atopar as vosas lecturas do IES na Biblioteca municipal.