Leonid Sednev , desenfeluxador imperial e máis tarde pique de cociña, tiña quince anos a noite do 17 de xullo de 1918, cando un grupo de militares da Revolución bolxevique asasinou brutalmente a familia imperial rusa. Leonid foi o único supervivente e testemuña invisible da traxedia. Moito tempo despois, un Leonid xa ancián decide recompoñer os seus recordos e comeza este relato, dende os ollos do servente da familia imperial, co que recrea os últimos anos do Imperio ruso e o cambio de réxime. Carmen Posadas somérxenos, coa súa habitual mestría, no fascinante mundo da familia imperial rusa: luces e sombras de pazo, nun desfile de princesas e desenfeluxadores, tsares e bolxeviques, luxo e miseria.