Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro 26, 2010

Xa na biblioteca "La caída de los gigantes" de Ken Follet

Ken Follet regresa coa triloxía The Century onde combina a dimensión épica e o drama humano, selo distintivo das súas obras, a unha escala nunca antes concibida, nin sequera por el. Coa mesma habilidade que nas súas novelas ambientadas na Idade Media, en The Century o autor segue os destinos entrelazados de tres xeracións de cinco familias: unha galesa, unha inglesa, unha rusa, unha alemana e outra estadounidense. Esta primeira novela, La caída de los gigantes , está enmarcada nos cruciais acontecimentos da Primeira Guerra Mundial e a Revolución rusa. A seguinte céntrase na Segunda Guerra Mundial e a terceira, na Guerra Fría. No OPAC podes ver si nestes intres o libro está prestado a outr@ usuari@.