Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 21, 2010

"Pinocho o astuto" - Actividade realizada para o 3º ciclo do CEIP "José María Lage"

A semana pasada levamos a cabo a 2ª sesión de actividades do programa "Coñecendo a Gianni Rodari" para os alumn@s de 3º ciclo. Empezamos lendo "Pinocho o astuto", unha historia para a que Rodari escribiu tres finais. A continuación inventamos o noso propio final e escribímolo nun divertido libro-pluma.

"¿Que sucedería se...? - Actividade realizada para o 2º ciclo do CEIP "José María Lage"

Na 2ª sesión do programa "Coñecendo a Giaani Rodari" destinada aos alumn@s de 2º ciclo limos a historia "A planta de Pauliño" - ¿Que sucedería se alguén nacese co cabelo de algodón de azucre ou... con outra particularidade?. A continuación escribimos a nosa propia historia baseada na hipótese ¿Que sucedería se...? e a plasmamos nuns divertidos libros-pluma. Podedes ver máis fotos dos grupos de 3º A e B no seu blog .

"El paseo de un distraído" - Actividade realizada para o 1º ciclo do CEIP "José María Lage"

Este mes estamos realizando a 2ª sesión de actividades do programa "Coñecendo a Gianni Rodari" destinadas aos alumn@s do CEIP "José María Lage". Os primeiros foron os rapaces e rapazas de 1º ciclo cos que visionamos o CD de "El paseo de un distraído" e xogamos ao "tendal de Don Giovanni".