Saltar ao contido principal

Publicacións

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira
Publicacións recentes

Que aconteceu na biblioteca no mes de decembro?

 No mes de decembro celebramos o Nadal con obradoiros para peques e maiores:           Levamos a cabo o sorteo da cesta de Nadal que anunciamos o mes pasado:   E o ilustrador local Cristian F. Caruncho presentounos o seu último libro:     Cristian fíxonos pasar unha tarde moi entrañable e con sorpresa incluída: Anthía Suárez Pernas cantou "Eu son do rural" acompañada da pandeireta:  

Que aconteceu na biblioteca no mes de novembro?

 No mes de novembro chegou o novo mobiliario da sala infantil. Qué ben quedou toda renovada!   Tamén instalouse no exterior da biblioteca un buzón para que se poidan facer devolucións as 24 horas do día, os 365 días do ano. Para financiar este equipamento recibimos unha axuda da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Colocamos a decoración de Nadal e comezamos a entregar as papeletas de participación do sorteo dun lote de libros.   O día 16 recibimos a visita de Migallas Teatro co seu espectáculo "Orella pendella", resultando unha tarde moi musical.   O día 25 tivemos unha cita con Tarabelos: títeres e contacontos e o seu espectáculo "Contos nunha roda: Manuel e Manuela". Esta actividade estaba incluída nos actos organizados polo CIM de Ortigueira polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (actividade financiada cos fondos so Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero).   E como todos os meses podedes ver os novos fondos recibido

Que aconteceu na biblioteca no mes de outubro?

A finais do mes de setembro por fin remataron as obras que se estaban a levar a cabo na biblioteca, polo que o día 3 de outubro retomamos o horario habitual (de luns a venres de 10 a 13:30 h. e de 16 a 20 h.) e pouco a pouco restablecemos todos os servizos. O día 4 recibimos a visita do mago David Méndez que, dentro do programa Ler conta moito, trouxo uns sorprendentes trucos de maxia para uns usuarios moi especiais como é a familia de ASPROMOR. O día 24 asistimos ás IV Xornadas de Bibliotecas Públicas de Galicia que nos axudaron a cabilar novas ideas e proxectos que poñer en marcha. O día 25 celebramos o día das bibliotecas cos máis pequenos. Títeres Cachirulo fixo que pasásemos unha tarde moi divertida co espectáculo "Xela contra o dragón". Ademáis, durante todo o mes, recibimos unha morea de novidades bibliográficas das que fumos dando conta na páxina de Facebook da biblioteca .

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.  

Celebración das Letras Galegas 2022

Este ano celebramos as Letras Galegas coa instalación de varias casetas de libros libres ao longo da semana do 17 de maio. A Concellería de Cultura de Ortigueira segue estendendo o seu plan de fomento da lectura entre a cidadanía e por esta razón vai instalar casetas de libros en rúas e parques do municipio. Trátase de bibliotecas libres, onde colocaremos exemplares para o seu libre uso por parte dos veciños do municipio. Pódense coller para ler e quedar con eles ou devolvelos ás casetas para que outras persoas os poidan ler.  Tamén se poden deixar libros que estean en bo estado e sexan actuais.  A biblioteca municipal encherá as casetas inicialmente con libros para todas as idades e en varios idiomas. As casetas teñen  unha porta con ferrollo para acceder aos libros e ao material informativo que poida haber dentro. Desde o  Concello, ademais de convidar a todos os veciños a participar nesta iniciativa, tamén pide a súa colaboración á hora de respectar as súas normas de funcionamento p

Estamos de volta no blogue

Despois duns meses inactivo retomamos o blogue da biblioteca e facémolo anunciando unha actividade que se vai desenvolver no mes de xuño. Trátase dun mercadillo solidario no que a biblioteca ofrece libros procedentes dos seus fondos ou de doazóns de veciños para que poidades levar os que sexan do voso interese. A única condición é a entrega de alimentos non perecedoiros que irán destinados ao banco de alimentos xestionado polos servizos sociais do Concello. Os libros ofertados son de temática variada, desde novelas, libros infantís e xuvenís, a obras de consulta...